Numeracion Curtis logos

SUBVENCIÓNS EMPRENDEDORES/AS E EMPRESARIOS/AS, ANUALIDADE 2020

- TR341Q Programa do Bono das persoas autónomas. Para autónomos cunha antigüedade de máis de 42 meses. A subvención máxima é de 3.000 euros e se financia o 80%. Prazo de solicitude do 04/02/2020 - 03/03/2020. Ver convocatoria: Aquí

- Axudas Deputación: (Prazo: Ata o 24 de marzo 2020). Ver convocatoria:Aquí

1) PEL Emprende Inversión: Para a realización de inversión en empresas que teñan unha antigüedade máxima de 5 anos e queiran realizar un investimento entre 3.500 – 25.000 euros. A porcentaxe máxima de concesión é do 70%.

2) PEL Pemes creación e ampliación. Para a contratación de persoal durante 12 meses. A porcentaxe máxima de concesión é do 70%.

3) PEL Pemes mantemento. Ampliación do periodo de contratación 12 meses máis ao persoal contratado con anterioridad a través da liña PEL Pemes creación e ampliación.

- TR341T Programa do Bono nova oportunidade das persoas autónomas. Para persoas que se deran de alta en autónomos entre o 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018 e cesaran a súa actividade por causas económicas. Ver convocatoria  Aquí

- TR341S Programa do Bono Renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas. Axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese por ter 60 anos ou máis, o pola declaración de incapacidade total ou absoluta ou as persoas herdeiras no caso de falecemento do titular. Ver convocatoria: Aquí

- Axudas aos proxectos de investimento empresarial. O investimento deberá ser superior a 50.000 euros e inferior a 2.000.000 euros. Prazo: 04/02/2020 - 30/12/2020. Ver convocatoria: Aquí

- Promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedementos TR341D e TR349F). Ver convocatoria: Aquí

 - Fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR807I e TR340E). Ver convocatoria: Aquí

- Axudas de acceso a crédito das pequenas e medianas empresas mediante convenio de colaboración con entidades de garantía recíproca. Ver convocatoria: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.