Numeracion Curtis logos

AXUDAS A PERSOAS EMPRESARIAS E EMPRENDEDORAS

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2022, que teñen 4 liñas diferentes: 

· PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

· PEL-AUTÓNOM@S: Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas.

· PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pemes, persoas autónomas e microempresas.

· PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas para subvencionar o mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro de PEL-PEMES CRECIÓN E AMPLIACIÓN 2021.

As bases das axudas PEL 2022 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 59 do 28 de marzo de 2022 ou premendo na seguinte ligazón: Aquí

O prazo é ata o 11 de maio ás 14.00 horas.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2022, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

Más información: Servizo de orientación laboral 981789003 Ext.2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.