Numeracion Curtis logos

AXUDAS PARA PALIAR O CUSTO DO COMBUSTIBLE NO SECTOR AGRARIO, GANDEIRO, PESQUEIRO E DO TRANSPORTE

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras das axudas enmarcadas no Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do cumbustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada (MUR_COMB_SUBM/2022).

As bases do programa poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 76 do 22 de abril de 2022: Aquí

O prazo de presentación de solicitudes das axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horase ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28 de xuño de 2022 ás 14:00 horas.

A presentación será telemática a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/.

Achégase unha guía cun resumo do Programa e detalle da forma de presentación da solicitude para unha mellor comprensión:

pdfAxudas_combustible_GUÍA_RESUMO_MUR-COMB_SUBM.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.