Numeracion Curtis logos

CONVOCATORIAS ABERTAS COS FONDOS NEXT GENERATION

CONVOCATORIAS AXUDAS EMPRESAS E PERSOAS EMPRENDEDORAS NEXT GENERATION I+D 2022: 

Programa Investigo
Convoca: Consellería de Emprego e Igualdade
Beneficiarios: Empresas e organismos de investigación
Prazo: Ata o 3/2/2022

Axudas para contratos Juan de la Cierva-formación 2021
Convoca: Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
Beneficiarios: Organismos de investigación e difusión de coñecemento
Prazo: Investigadores ata o 3/2/2022 e centros ata o 10/2/2022

Axudas para contratos Ramón y Cajal
Convoca: Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
Beneficiarios: Organismos de investigación e difusión de coñecemento
Prazo: Ata o 8/02/2022

Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada
Convoca: Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
Beneficiarios: empresas e asociacións empresariais sectoriais, Organismos de investigación e difusión de coñecemento
Prazo: Ata o 9/02/2022

Axudas para contratos Torres Quevedo
Convoca: Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
Beneficiarios: Empresas, centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica; asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos
Prazo: Ata o 23/02/2022

Axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas (Doutoramentos Industriais) 2021
Convoca: Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
Beneficiarios: Empresas
Prazo: Ata o 24/02/2022

Axudas para proxectos de dixitalización de «última milla» en empresas do sector turístico
Convoca: Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Beneficiarios: Empresas
Prazo: ata o 8/02/2022

Axudas a organismos de investigación e difusión de coñecementos para proxectos de I+D para dar resposta aos retos dos destinos turísticos
Convoca: Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Beneficiarios: Organismos de investigación y de difusión de conocimiento
Prazo: ata o 10/02/2022

Concesión de subvencións do "Programa Innova Invest"
Convoca: Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. ICEX
Beneficiarios: Empresas
Prazo: ata o 14/02/2022

Axudas 2021 para a creación da rede de oficinas Acelera PEME para contornas rurais
Convoca: Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. ICEX
Beneficiarios: Asociacións, colexios profesionais, centros tecnolóxicos, deputacións provinciais, entidades locais
Prazo: ata o 23/02/2022

KIT DIXITAL axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego
Convoca: Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Beneficiarios: Empresas
Prazo: aberto o prazo de adhesión dos axentes dinamizadores

Subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos en materia de crecemento azul no sector pesqueiro e da acuicultura, e se convocan para 2022 e 2023
Convoca: Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Beneficiarios: Entidades públicas e privadas con protocolo de actuación en materia de crecemento azul.
Prazo: ata o 18/02/2022

Más información: Aquí

Subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Actuacións subvencionables

1. Liña de dixitalización comercial:

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

1.1. Considéranse actuacións subvencionables de dixitalización comercial:

a) Pulo á transformación dixital: implantación e actualización de páxinas web con venda en liña e implantación e actualización de webs comerciais.

b) Optimización e axilización dos procesos comerciais: implantación de ferramentas de xestión e de sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e de software adecuados ás necesidades da empresa, así como as tabletas asociadas con esta actuación.

c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, na internet ou utilizando novas tecnoloxías:

A Introdución de ferramentas de marketing 4.0:

AXUDAS PARA A APICULTURA 2020

Curtis, 27 de maio de 2020

Hoxe día 27 de maio de 2020 publicouse a ORDE do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Máis información: Aquí

CICLO WEBINARS PAÍS. PRIMEIRO ENCONTRO: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN CHINA

22 de maio de 2020

A Xunta pon en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, USA, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informarán ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecerán claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.

O primeiro dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o mércores 27 de maio, a partir das 10h e estará centrado nas vendas galegas en China. Representantes das compañías galegas Gabadi e Finsa expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada polo Covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX, a Cámara de Comercio da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que avanzarán nas claves que poden definir o comercio co país asiático no actual escenario.

Programa: Aquí

Inscricións: Aquí

Máis información:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.