Numeracion Curtis logos

AXUDAS SECTOR AGRARIO 2020

3 de febreiro de 2020

Publicadas as bases reguladoras de las ayudas para el apoyo a las inversiones en las explotaciones agrícolas, para la creación de empresas para las personas agricultoras jóvenes, y para la creación de empresas para el desarrollo de pequeñas explotaciones, cofinanciadas con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan para el año 2020.

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a sua modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Máis información:

- Extensión agraria de Teixeiro: Dirección: Rúa Sánchez Anido, 1, 15310 Teixeiro, A Coruña. Teléfono: 881 88 06 33

- Convocatoria: Aquí    Prazo ata o 28/02/20

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN. GALICIA EMPREGA 2020

No DOG do pasado 7 de xaneiro publicáronse as convocatorias das catro liñas de axudas do Programa Galicia Emprega 2020, un programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos: parados de longa duración, mulleres, persoas mozas e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

O programa conta cun orzamento de 10,5 millóns de euros co obxectivo de impulsar o traballo de 1.100 persoas dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.

Poden descargar a presentación co resumo pdfGalicia-Emprega-2020.pdf

PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS

A Fundación convoca a VIII edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: programa de apoio a empresas e emprendedores nos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así como proxectos e servizos doutros ámbitos relacionados cos anteriores, que contribúan ao desenvolvemento do medio rural de Galicia. O PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS ten tres modalidades diferentes, cos obxectivos que se indican para cada unha delas:

1.- Emprendimiento: axudar a emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.
2.- Consolidación: axudar ás empresas existentes a consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante o asesoramento e a tutorización na toma de decisións nos ámbitos do negocio máis estratéxicos.
3.- Crecemento: axudar a empresas xa en funcionamento a xerar novas liñas de negocio e/ou novas

Máis información: Aquí

Prazo de inscrición: Ata o 30 de novembro de 2019.

 

EMPRENDEMENTO EN AGRICULTURA ECOLÓXICA

A Asociación Raíña organiza o día 2 de setembro 2019 unha formación para emprender en agricultura ecolóxica a través do cooperativismo. 

Horario: 16.00 a 19.00 horas. 

Imparte: Rede Eusumo. 

Inscrición: Chamando á Asociación 693747500

PROGRAMA PROFESIONAIS 4.0 - INCORPORACIÓN DE NOVOS TITULADOS A ACTIVIDADES DE MELLORA COMPETITIVA DAS EMPRESAS (2019)

O DOG do pasado 6 de agosto publicou a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a incorporación de novos titulados a actividades de mellora competitiva das empresas (programa Profesionais 4.0), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG502A).

Esta convocatoria financia a contratación, a tempo completo, con carácter indefinido ou cunha duración mínima de 12 meses, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de FP ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial. A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.