Numeracion Curtis logos

PROXECTO TRANSFORMAR

A Fundación Lonxanet a través do seu Proxecto TransForMar desenvolve un proxecto dirixido aquelas persoas que están pensando en crear unha empresa.

O Proxecto TransforMar en Galicia e Asturias vai seleccionar a 29 persoas emprendedoras da economía azul con impacto social e incidencia positiva no mar, como iniciativa que busca favorecer a innovación en modelos de negocio respetuosos co ecosistema mariño.

TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE: http://www.fundacionlonxanet.org/transformar/

Os proxectos seleccionados recibirán un apoio integral ao emprendemento (modelo de negocio, marketinge comercialización, xestión económica e financeira e comunicación), con sesións de acompañamento individual presencial e online no proceso de desenvolvemento da empresa durante o primeiro ano e acciones de innovación social que aposten polo arraigo dos proxectos no territorio.

#TransforMar forma parte do programa #empleaverde, promovido pola Fundación Biodiversidad (F.S.P.) do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ademais ao enmarcarse na temática Empleazul, contribuirá aos obxectivos do proxecto Intemares. A Fundación Biodiversidade actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE).

INFORMACIÓN: Irene Estévez Souto, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Miriam Montero, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Teléfono 881 87 87 60. Móbil 690 81 67 85.

A DEPUTACIÓN CONVOCA AS AXUDAS DO PEL 2019 Á CONTRATACIÓN E O EMPRENDEMENTO

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña destinará durante 2019 un orzamento de 5,26 millóns de euros para apoiar ás pequenas e medianas empresas da provincia na contratación de novos traballadores e traballadoras e para apoiar aos emprendedore/as da provincia no impulso ás iniciativas empresariais da recente creación.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe 6/3/19 as bases das liñas de subvencións PEL- PEMES e PEL-EMPRENDE 2019. Tipos de liñas:

- Inversión: Para que os autónomos e empresas poidan realizar inversións nas súas empresas. O porcentaxe máximo a conceder é do 80% sobre o presuposto presentado ata un máximo de 20.000 euros. Máis info. Aquí

- Contratación e Mantemento de Persoal nas empresas. Máis info. Aquí e Aquí

- Actividades (Responsabilidad Social Empresarial, Marketing e Comunicación e Competitividade de Expansión). Máis info. Aquí

AXUDAS A EMPRENDEDORES/AS E EMPRESARIOS/AS

Estas axudas ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019 coa finalidade da promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. 

Liña 1: Promoción do emprego autónomo. Axudas económicas a persoas que inicien actividade empresarial entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive

Liña 2: Axudas para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas

Prazo de solicitude: 26/01/2019 - 30/09/2019. Máis información do procedemento: Aquí

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext.2037

ECICII PLUS: TALLERES E ASESORAMENTO A EMPRESAS DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

A Xunta de Galicia, a través do Igape e dentro do programa interreg España-Portugal, ECICII Pus 1E, convoca dous talleres dirixidos ás empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

BUSCA DE INFORMACIÓN PARA INTERNACIONALIZACIÓN
Día: 04/12/2018
Horario: de 9 h a 13 h

LICITACIÓNS MULTILATERAIS (nivel iniciación)
Día: 11/12/2018
Horario: de 9 h a 14 h

Lugar: sede do Igape en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n)

AXUDAS EMEGA 2018

Hoxe, día 4 de xullo de 2018, publicaronse as axudas Emega dirixidas a mulleres para apoiar a posta en marcha de iniciativas empresariais. (DOG Núm. 127). Esta axuda ten varias liñas: 

a) Liña emprende

b) Liña Innova

c) Liña Activa

d) Liña ITEF. Iniciativas empresariais de carácter innovador. 

e) Liña Concilia

f) Liña Dual. 

Máis información: Aquí

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.