Numeracion Curtis logos

CURSO DE ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA EN TOURO

A acción formativa ten unha duración total de 570 horas (330 horas de formación teórica, 40 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector agrario). Posibilidade de optar a unha Bolsa de 209 €/brutos por mes de duración da formación.

Os contidos son os seguintes:

UC0517_1 Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
UC0518_1 Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
UC0519_1 Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais ede recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotaciones agrícolas.

Trátase dunha acción conveniada coa Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a formación terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente.

O PRAZO DE INSCRICIÓN É ATA O LUNS 15 DE FEBREIRO DE 2016

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.