Numeracion Curtis logos

Proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto”

EMPRURALA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.

 

Obxectivos. Os obxectivos específicos do proxecto son:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.

Destinatarios/as: mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 60.
Duración: de marzo a outubro de 2018.
Prazo de inscrición: do 26 de febreiro ao 12 de marzo de 2018.

Inscricións: mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.

Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Actividades:

1. Safari de emprego no territorios.
Duración: 3 meses (abril-xuño 2018). 12 sesións.
Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito, traballarase iniciativas emprendedoras, participarán emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.

Esta actividade constará de 2 partes :
Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Curtis e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
Fases do Safari:
1. Exploración (8 sesións): sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio. Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
2. Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico, para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
- Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
- Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
- Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)

2. Formación para a inserción – grupo
Duración: 2 meses (maio-xuño 2018) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).
Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc, que son hoxe fundamentais para a inserción laboral.
Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana, para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).
As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).
Inclúe:
- Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
- Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial, busca activa de emprego...

3. Formación na empresa – individual:
Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.
Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a setembro de 2018.
Duración das estadías:
Mínimo : 60 h de prácticas (2 semanas)
Máximo 240 h de prácticas (6 semanas)
A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.
As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración, as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .

4. Titorización e seguimento individual
Comezarán a partir do mes de maio de 2018 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (outubro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a articulación de medidas adaptadas a cada caso.

5. Captura de proxectos
Duración: 1 mes – último mes do proxecto (outubro 2018)
Trátase da fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:
Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
Identificados nichos de emprego no territorio.
Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
Definidas as oportunidades/proxectos para emprender.
Identificadas as necesidades de formación que precisen.

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.