Numeracion Curtis logos

CREA TU BLOG

blogA área de Promoción Económica do Concello de Curtis, a través do Servizo de Orientación Laboral, organiza un curso de blog e web sinxelas para fomentar o posicionamento do tecido comercial e empresarial do municipio, así como para axudar aos emprendedores.

Con esta iniciativa quérese pór en valor a importancia das novas tecnoloxías xa sexa para impulsar un negocio e dar a coñecer unha marca ou produto, pero tamén para a procura activa de emprego e para a creación dunha marca persoal.

O número de prazas é de dez persoas.

A formación impartirase os días 12, 14 e 16 de novembro, de 18.00. 20.00 horas, no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro.

  • Máis información, no Servizo de Orientación Laboral: Tef. 981789003 (ext. 2037).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.