Numeracion Curtis logos

Xornada Técnica: Manexo de pragas e enfermidades en horticultura ecolóxica.

A Asociación Raíña programa unha nova xornada técnica destinada a que os asistentes perfeccionen os seus coñecementos na agricultura ecolóxica:

xornadas Mail

Manexo de pragas e enfermidades en horticultura ecolóxica

As 10 horas de duración, están repartidas entre o sábado 28 de marzo, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e o domingo 29 de marzo, en horario de 09:00 a 15:00 horas.

Os contidos que trataremos son os seguintes:

▪ Trofobiosis como entendemento básico da razón das pragas e enfermidades
▪ O manexo do chan como supresor de pragas e enfermidades
▪ Biodiversidade como ferramenta fundamental
▪ A microbioloxía como controlador biolóxico
▪ Manexo das principais enfermidades en horticultura ecolóxica
▪ Manexo das principais pragas en horticultura ecolóxica
▪ Produtos e a súa correcta aplicación
▪ Trampas e a súa correcta utilización

Axel Torrejón Pineda, o experto que se fará cargo, é enxeñeiro agrónomo especialista en Agroecoloxía, técnico de proxectos na sede de CERAI Aragón e colaborador de SEAE (Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.