Numeracion Curtis logos

PROXECTO PEL EMPREGO SUSTENTABLE NO ÁMBITO RURAL

Hoxe, día 30 de xullo 2021, ábrese o prazo para a inscrición no proxecto de formación da Deputación de A Coruña, dirixido a persoas desempregadas, con posibilidade de solicitar ao inicio do curso unha bolsa para os custos de desprazamento.

As formacións son as seguintes:

-Atención sociosanitaria (5 edicións): Sedes en Ordes, Cambre, Culleredo, Narón, Ortigueira
-Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición): Sede en Arteixo
-Dinamización Comunitaria (3 edicións): Ordes, Santa Comba, Ortigueira.
-Guía por itinerarios de baixa e media montaña (2 edicións): Teo, Mazaricos.

Documentación necesaria para a inscrición a entregar no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Curtis:

- Solicitude asinada: Aquí

- DNI, informe do Servizo público de emprego de ser demandante, volante de empadroamento no concello de Curtis, titulo de formación.No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil. Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.). 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.