Numeracion Curtis logos

PROBAS OFICIAIS CELGA 2018

Convocadas as probas para obter o Celga mediante a resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018

Datas de realización das probas: 

Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Prazo de inscrición: ata o 13/04/18

Máis información: Aquí

Obradoiro "Introdución ó Método Biointensivo de Cultivo"

Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo. Os seus principios de actuación non só producen alimentos nutritivos e orgánicos, senon que tamén reconstrúen e melloran a fertilidade do solo.

Será impartido polos formadores Juan M. Martínez Valdez, Director de Ecopol, asesor de Ecology Action e responsable da difusión do método en Latinoamércica e Europa, e por Guillermo Rodríguez Barreiro, Enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Intermedio do método.

Día 10 de abril de 16 a 20h, e día 11 de abril de 10 a 14h. (8 horas de duración total)

Lugar: Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar

A quén vai dirixido: Persoas que teñen unha horta ou que teñen interese en aprender a cultivar alimentos de forma respectuosa co medio. Persoas interesadas en coñecer este método de produción agroecolóxica. Persoal docente e persoal dos concellos interesados en integrar a agroecoloxía e a alimentación local e ecolóxica nos centros e espazos públicos.

Prezo: 10 euros.

Prazas: Limitadas

Organiza: Amigos da Terra, Ecopol AC e Asociación Raiña

Hai posibilidade de aloxamento no centro para aquelas persoas que o desexen.

Para máis información ou reservas, podes contactar neste email ou no teléfono 693747500

Proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto”

EMPRURALA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.

PROBAS DE ACCESO AO FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

As solicitudes deberán presentarse, en papel nun centro público de formación profesional (agás no Rodolfo Ucha Piñeiro), por correo ou ben pola aplicación dispoñible na páxina web www.edu.xunta.es/fp.

FP Medio: Prazo de inscrición: 12 ao 23 de marzo de 2018. 

FP Superior: Prazo de inscrición: 8 ao 23 de febreiro de 2018.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext.2037

CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA 1, 2, 3, 4

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe, día 6/02/18 a convocatoria para realizar os cursos gratuítos na modalidade presencial ou teleformación. 

Só se poderá solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. A programación dos cursos de teleformación é dos niveis Celga 1 e 4, a programación dos cursos presenciais ofertados son dos niveis Celga 2, 3 e 4. 

Prazo de solicitude: 20 días naturais desde o día seguinte ao da publicación no DOG. 

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.