Numeracion Curtis logos

COMPETENCIAS CLAVE N2 E N3

Sin título COMPETENCIAS CLAVE

Curso para a obtención das competencias clave nivel 2 e nivel 3. O prazo de inscrición e do día 14 de abril e finalizará o próximo día 5 de maio. 

Para máis información: Orientación Laboral 981789003 Ext.2037

CURSO GRATUITO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

O curso realizaráse na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar os martes e xoves, en dúas quendas: mañá de 9.30 a 12.30h e de tarde de 17 a 20h. Empeza o 30 de xuño e remata en outubro. O curso é de balde e dende a Asociación financian os custes de desprazamento   das persoas asistentes (kilometraxe dende a orixe ata a escola).                                                   

            Cartaz Horta INC ECO II

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS ESO PARA ADULTOS

Educación establece unha nova a data de celebración e un novo prazo de matrícula para a primeira convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, así como as datas dos trámites administrativos necesarios para o seu desenvolvemento

O prazo de matrícula: para a primeira convocatoria será do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos. Formulario de inscrición: Aquí que deberá entregarse en: 

- Presencialmente: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.

- Por Correos: entregando a documentación en sobre aberto para que o funcionario de correos cuñe coa data de entrega os documentos. 

- Sede electrónica da Xunta coa Chave 365.

Data de celebración: A primeira convocatoria da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos celebrarase o día 7 de setembro do 2020.

REANÚDASE O PRAZO PARA AS PROBAS CELGA DE 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020. Os 14 días naturais do prazo non consumido finalizan o 16 de xuño.

As datas de realización das probas non están establecidas (a previsión é setembro ou outubro de 2020) de acordo coa evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19

As datas concretas serán debidamente publicitadas na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.