Numeracion Curtis logos

OPORTUNIDADE DE EMPREGO EN GREENALIA, EMPRESA DE BIOMASA (TEIXEIRO)

A empresa Grupo Forma-t colabora coa empresa Greenalia no desenvolvemento de accións formativas con compromiso de contratación para incorporar persoal nos postos de Operadores de empacadoras de Biomasa, que iniciará a súa actividade proximamente no polígono de Teixeiro.

A empresa Forma-t encargarase da formación do persoal no manexo das empacadoras de biomasa, para o cal vai realizar un total de 6 cursos gratuitos de 300 horas, cada un deles contará cun número limitado de 15 prazas e cada curso ten un compromiso de contratación con Greenalia dun mínimo de 6 alumnos/as.

O lugar de impartición dos cursos será: 2 en Vilalba (un en quenda de mañá e outro de tarde) que empezarán no mes de xullo de 2019 e 4 que se desenvolverán previsiblemente en Ordes e Arteixo. Para participar destas accións é imprescindible estar en situación de desemprego, inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, os participantes terán unha beca de desplazamento (0,19 cent./km).

Para máis información: Servizo de Orientación Laboral. Concello de Curtis. 981789003 Ext. 2037

Para a inscrición: Forma-t, teléfono 982513605 ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG

 

Curso gratuito para a obtención do Certificado de Profesionalidade de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG / MAG, organizado pola Fundación Laboral da Construción. 

Requisito do alumnado: ESO ou equivalente. 

Inicio: 17/04/19 ao 30/09/19

Lugar: Lugo (Bacurin). Horario: 8.00 a 14.00. Duración total: 600 horas. 

Máis información e Inscrición:  900813355 (Fundación Laboral da Construción) 

FORMACIÓN EN COMERCIO E LOXÍSTICA. PROXECTO EIXO - DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

ITINERARIO 1

Requisitos: Sen requisito formativo. Estar inscrito en la oficina de emprego e no Sistema de Garantía Xuvenil (16 - 30 anos).

Axuda económica ás persoas que participen: 2,6 € brutos hora lectiva de día asistido

Itinerario de formación: PROXECTO EIXO DEPUTACIÓN DA CORUÑA. 

- Curso de Actividades auxiliares en almacén (170 horas teóricas e 40 horas en empresa)

- Carné de conducir de camión C e CAP de mercancías (320 horas)

- Inglés, transporte internacional (90 horas)

- Inglés, nivel A1 (50 horas)

- Novas tecnoloxías (45 horas)

- Igualdade de oportunidades (20 horas)

Lugar: Poligono Industrial de Ledoño. (Culleredo)

Inscrición: ata o 30 de abril de 2019 ás 14.00 horas. No Servizo de Orientación Laboral (981789003 Ext. 2037). 

CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE VILASANTAR

Sin títuloDirixido a persoas desempregadas. Con Becas para o desprazamento.

Duración: 15 de abril de 2019 a 15 de xuño de 2019.

Horario: Luns e Martes de 16.00 a 20.00 horas. Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.  

Máis información e inscrición: 693747500 - Asociación Raíña. 

 

PROBAS COMPETENCIAS CLAVE 2019

Se non tes a ESO ou Bacharelato e queres realizar algún certificado de profesionalidade no que esixan como requisito de acceso a dita formación, pode realizar as probas de Competencias Clave N2 ou N3, en base o nivel que sexa o certificado. 

Prazo de matricula nas probas: do 5/03/19 ata o 29/03/19 

Proba: O 25 de maio de 2019 en Silleda. 

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext. 2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.