Numeracion Curtis logos

ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADA NO CIFP de Santiago

O Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago oferta, para os vindeiros meses, 15 cursos de formación destinados a persoas desempregadas. Os cursos, de nivel 1, 2 e 3, son fundamentalmente das familias profesionais agraria, madeira e seguridad e medio ambiente, e teñen moitas prazas vacantes.

Esta información pode ser de interese para as persoas desempregadas de Santiago de Compostela e dos concellos próximos. O resumo da programación atópase neste documento e pódese ampliar información no buscador de formación do Portal de Emprego de Galicia ou no telefóno 881 867 650.

Poden descargar unha folla resumo en PDF pulsando Aquí

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.981789003 Ext. 2037

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE BACHAREL 2019

A Consellería de Educación publicou a convocatoria das proba libres para a obtención do título de bacharelato para maiores de vinte anos.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019. A proba celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Convocatoria: Aquí

Máis información: Servizo de orientación laboral. 981789003 Ext. 2037

CURSOS GRATUÍTOS CELGA DE PREPARACIÓN DAS PROBAS OFICIAIS

No DOG Núm 35 do 19 de febreiro de 2019 publícanse os Cursos de carácter voluntario e gratuíto preparatorios das probas para obter os certificados de lingua Galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As modalidades ofertadas son: Presencial e Teleformación:

- Os presenciais máis próximos: En A Coruña, Ferrol e Santiago o Celga 2, Celga 3 e Celga 4. En Lugo o Celga 2.
- Os ofertados na modalidade a distancia son: Celga 1, Celga 3 e Celga 4.

Convocatoria da Secretaría Xeral de Pol. Lingüística: Aquí

Máis información: Servizo de orientación laboral. 981789003 Ext.2037

CURSO PRODUCCIÓN E TRANSFORMACIÓN DE LEITE ECOLÓXICA EN GALICIA E ASTURIAS

Sin título5Curso gratuito organizado por Unións Agrarias. Modalidade de realización: Presencial (50h), Mixto (40h online e 10h presencial) ou A distancia (50h online). 

Prazo de inscrición ata o 28 de febreiro 2019.

O obxectivo é aportar os coñecementos necesarios para a xestión dunha explotación láctea ecolóxica e para a elaboración de produtos ecolóxicos derivados. 

Máis información: 981 530 500

APICULTURA ECOLÓXICA EN ESPACIOS PROTEXIDOS COMO FONTE DE EMPREGO

Sin título

Formación gratuita organizada por Unións Agrarias. Modalidade do curso a elexir: Presencial (50h presenciais) ou Mixto (40h aula virtual e 10h presenciais) ou a distancia (50h aula virtual).

Prazo de inscrición ata o 28 de febreiro 2019. 

O obxectivo é impulsar a creación de emprego creando empresas ecolóxicas modermas dentro do mundo apícola e mellorar a empregabilidade no sector da elaboración de produtos apícolas (mel, xelea real, polen...) e os seus derivados. 

Máis información: 981 530 500

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.