ESPAZOCOOP
9 de xaneiro 2023
EspazoCoop lanza a campaña “Xa somos máis de 600 coop. A Coruña, provincia cooperativa”
Con esta campaña EspazoCoop quere poñer en valor o tecido cooperativo da provincia da Coruña e fomentar o cooperativismo entre persoas que estén no proceso de constitución dunha empresa, queran emprender o busquen transformar unha compañía nunha cooperativa.
A Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, lanza esta semana a campaña “Xa somos máis de 600 coop. A Coruña, provincia cooperativa”, unha iniciativa desenvolta en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. A través desta campaña EspazoCoop quere poñer en valor o tecido socioeconómico da Coruña, provincia cun maior número de cooperativas das existentes en Galicia. En total, con máis de 600 cooperativas, a provincia da Coruña aglutina preto dun 40 % das 1.600 cooperativas actuais da comunidade.
Durante o mes de decembro, esta campaña desenvolta en radio, prensa escrita, medios de comunicación online, redes sociais e publicidade na rúa de gran formato, transmitirá os valores cooperativos e amosará a importancia das cooperativas na actividade económica da provincia da Coruña. De feito, estas máis de 600 cooperativas pertencen a sectores económicos moi diversos como o ensino, o rural, a cultura, a tecnoloxá, os servicios sociais e coidados...