Numeracion Curtis logos

ACTIVIDADES QUE PODEN REABRIR DESDE O 13.04.2020

Curtis, 14 de abril de 2020

Achegamos un documento explicativo sobre as actividades que poden reabrir desde o 13.04.2020. pdf2020_04_13_Reapertura_actividades_13_abril.pdf

Se continua tendo dúbidas sobre se pode reiniciar a súa actividade profesional, recomendamos que o empresario ou empresaria póñase en contacto coa autoridade competente, no concello de Curtis a Garda Civil, para confirmar que a súa actividade non ten restricións

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS

Curtis, 14 de abril de 2020

A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores unha guía con recomendacións preventivas ante o coronavirus, que ten como finalidade dar pautas para garantir a saúde laboral das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial.

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus.

Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas: 900 815 600

GUÍAS PARA A TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO (ERTE) MOTIVADOS POLO COVID-19

A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19.

Nos dous documentos que se achegan, as persoas interesadas poden consultar o procedemento e os pasos que se deben realizar para a correcta tramitación destes expedientes:

- ERTE por forza maior motivado polo COVID-19: tramitación Aquí

- ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivado polo COVID-19: tramitación Aquí

Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600

ACLARACIÓNS SOBRE A PRESTACIÓN EXTRAORDINARIA PARA AUTÓNOMOS E TRABALLADORES POR CONTA ALLEA

¿Onde se xestiona? A xestión desta prestación corresponde ás Mutuas. (Art. 346 da Lei da Seguridade Social e Art. 17 do RD 463/2020).

Ligazón ao vídeo explicativo oficialAquí

Transcrición do vídeo: 

Os autónomos son un dos colectivos máis preocupados polo impacto económico causado polo estado de alarma decretado para frear a epidemia de coronavirus. O Goberno difundiu un vídeo onde resolve algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a prestación extraordinaria para autónomos.

1. Quen pode solicitala?

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.