Numeracion Curtis logos

Xestor de transporte en empresas de transporte por estrada

Convócanse as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na modalidade de mercadorías como no de persoas para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos: domicilio habitual en Galicia.

Convocatorias: Primeira: entre o 1 abril e o 11 xuño de 2017. Segunda: entre o 30 de setembro e o 26 novembro de 2017. 

Prazo: Para a primeira convocatoria ata o 28 de marzo de 2017 para a segunda convocatoria do 31 de xullo ao 18 de agosto 2017. 

Taxa de exame: 25,45 € por cada modalidade que realice (mercadorías / persoas). 

Máis información: Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext.37

Acto de clausura do Obradoiro de Emprego "O Fogar da Montaña".

IMG 20170302 WA0007

O 2 de marzo de 2017, celebrouse no Concello de Sobrado, o acto de clausura do Obradoiro de Empleo "O Fogar da Montaña", ao que acudieron os alcaldes das entidades locais participantes, Curtis, Sobrado, Mesía, Vilasantar e Toques, a alcaldesa de Boimorto e o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, D.Alfonso Marnotes González, que acudiu en representación da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Neste obradoiro formáronse un total de 20 personas desempregadas, das cales dez participaron na acción formativa de Atención Sociosanitaria a personas no Domicilio e as outras dez en Atención Sociosanitaria a personas en Institucións Sociais. No acto se hizo entrega aos participantes dos diplomas de aproveitamento e certificados de profesionalidade correspondentes as formacións realizadas desde o mes de setembro de 2016 e que remataron con éxito o pasado mes de febreiro.

Competencias Clave 2017

No DOG Núm. 47, do 7 de marzo de 2017 convócanse as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. O prazo para presentar a solicitude de participación é ata o día 24 de marzo.

Toda a información sobre a convocatoria: Aquí 

 

PROBAS DE ACCESO AO CICLO MEDIO E SUPERIOR DE FP. ANO 2017

 

As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C ou ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazos de inscrición na proba:

Grao Medio: 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Exame o 31 de maio.

Grao Superior: 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos. Exame o 20 de abril.

Máis información: Orientación laboral. Telf.: 981789003 Ext.37

 

 

I PREMIO PROVINCIAL Á MELLOR INICIATIVA DE EMPREGO

A Deputación da Coruña convocou a primeira edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Provincia. Ao premio poden concorrer pequenas e medianas empresas, microempresas, persoas emprendedoras e autónomas que teñan a súa sede na provincia da Coruña.

O prazo de presentación estará aberto ata o día 30 de decembro e o fallo darase a coñecer a principios de 2017.

Máis información: Aquí  e Bases da convocatoria no BOP nº 211, do 8 de novembro de 2016

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.