Numeracion Curtis logos

AXUDA PARA NOVOS AUTÓNOMOS, SOCIOS DE COMUNIDADES DE BENS E SOCIEDADES CIVÍS

A Consellería de Traballo e Benestar publicou a convovatoria do Programa para a promoción do emprego autónomo. O obxectivo é axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que permitan ás persoas desempregadas crear o seu propio posto de traballo. 

Beneficiarios:          Novas altas entre o 1 de outubro 2014 e o 30 de setembro 2015. 

Prazo:                        1 mes dende a publicación (19/08/15)

Máis información:  Orientación Laboral. Concello de Curtis. Telf.: 981789003

Becas permiso conducir Fundación Mapfre

727x248-banner-sv-jovenes-becas tcm164-134830

Fundación Mapfre da la oportunidad a los jóvenes desempleados de acceder a una de las becas de 500 euros libres de impuestos, para la obtención del permiso B1 o superior. Sólo es necesario superar un sencillo test de conocimientos y registrarse como solicitante.

SESIÓN INFORMATIVA "DESEÑANDO O TEU FUTURO" EN CURTIS

Copia de P1010421O xoves 20 de agosto o Concello de Curtis realizou unha sesión informativa integrada dentro do proxecto "Deseñando o teu futuro" que desenvolve esta entidade dende o mes de agosto.

O obxectivo desta reunión era informar, aos participantes do proxecto, sobre as alternativas formativas e profesionais ao seu alcance, o programa de garantía social, as bolsas Feuga e o programa Erasmus+ foron algúns dos contidos tratados.

Ao encontro acudiron Javier Caínzos, alcalde de Curtis e Esther Lago, concelleira de Xuventude que animaron e subliñaron aos asistentes a importancia de participar nos programas convocados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se organizan no municipio.

“Deseñando o teu futuro” en Curtis.

Curtis desenvolve dende principios de agosto o programa Deseñando o teu futuro. Esta iniciativa, financiada pola Consellería de Traballo e Benestar, esta destinada a que mozos e mozas de entre 14 e 18 anos realicen estadías – visitas en empresas, coa finalidade de que se acheguen á realidade laboral do seu contorno.

O programa organizado polo Concello de Curtis conta con 10 participantes que desenvolven as súas estadías en empresas de diversos sectores, tales como automoción, reciclaxe, sector eléctrico, industria da madeira e carpintería.

Coa colaboración das empresas, os mozos/as adquirirán coñecementos e habilidades que favorecerán o seu desenvolvemento persoal e facilitarán a toma de decisións na súa traxectoria formativa profesional.

FORMACIÓN SANITARIA PARA AS AUXILIARES MUNICIPAIS

DSC 4106_L

DSC 4110_L

O Concello de Curtis solicitou á Deputación e foi elixido sede para a realización do curso de "Mobilizacións e hixiene postural" que se está a desenvolver durante o presente mes de maio no Centro Etnográfico situado en Teixeiro.


A acción formativa esta integrada no Plan de Formación Agrupado da Deputación A Coruña, para o ano 2015, dirixido ao persoal das administracións públicas e conta cun total de 19 participantes, auxiliares de axuda a domicilio dos concellos da comarca. 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.