Numeracion Curtis logos

VISOR DA BOLSA DE TERRAS DAS MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Bolsa de Terras2Xa está dispoñible para consulta na web o Visor da Bolsa de Terras das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Se posúes terras sen uso ou precisas superficie para prácticas agrarias, contacta co GDR Mariñas-Betanzos chamando o 981 669 541 ou no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Accede o Visor da Bolsa de Terras Aquí


BECAS FEUGA

logo feugaFEUGA promueve Programas de becas de formación para apoyar a los jóvenes titulados en FP, estudiantes y titulados universitarios. 

Para más información: Aquí

Para revisar las Becas Ofertadas: Aquí

PREPARACIÓN DAS PROBAS LIBRES DA E.S.O.

IMG-20150323-WA0001O Concello de Curtis organiza e subvenciona, un ano máis, as clases de preparación das probas libres para a obtención do Graduado en Educación Secundaria que convoca anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As clases comezaron o 17 de marzo e finalizarán o 28 de maio, sendo a proba o día 29, cun total de 15 alumnos/as matriculados.

As persoas interesadas en participar nas clases, nas probas ou obter máis información pódense poñer en contacto coa Orientadora Laboral en 981789003 Ext.37 ou no e-mail:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

FORMACIÓN EN MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS NO CONCELLO DE CURTIS

20150317 171354Onte, día 17 de marzo de 2015 realizouse o Curso de Manipulación de Alimentos organizado polo Concello no salón de graos de Curtis. A empresa Hm Global Consultores foi a encargada de impartir a formación que contou cunha participación total de vinte alumnos/as procedentes maioritariamente do sector da hostalería.

Este foi o segundo curso que se desenvolveu no concello no presente ano, o primeiro celebrouse no mes de febreiro nas instalación municipais de Teixeiro, cun total de vinte e tres participantes.

ENTREGA TÍTULOS DE CARRETILLA ELEVADORA CEC

imagesO Tenente Alcalde do Concello de Curtis, Antonio A. Fraga, fixo entrega o 1CURTIS2 de marzo dos títulos de carretilla elevadora a traballadores e empresarios da zona que realizaron a formación teórico/práctica nas instalacións municipais de Curtis.

Este curso desenvolveuse grazas o acordo de colaboración entre a Confederación de Empresarios de A Coruña e o Concello de Curtis para facilitar de maneira gratuíta o desenvolvemento de accións formativas dirixidas a persoas traballando.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.