Numeracion Curtis logos

Aprobada a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz sustituto do Concello de Curtis

1.º. Obxecto da convocatoria. Elección de xuíz de paz substituto deste municipio.

 2.º. Lugar e prazo de presentación de solicitudes. Vinte días hábiles contados dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP da Coruña. As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Curtis. Tamén poderán remitirse na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como a través da Sede electrónica do Concello da Curtis. No caso de non ser presentado no rexistro municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (981789578) ou un e-mail ao seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. Procederase de igual modo no caso de que a presentación da instancia teña lugar nunha oficina de Correos, remitindo copia da solicitude selada pola oficina.

  3.º. Requisitos dos aspirantes.

  • a) Ser español.
  • b) Ser maior de idade.
  • c) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade establecidas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
  • d) Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibicións reguladas nos artigos 389 a 397 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, e de conformidade co previsto nos artigos 14 e seguintes do Regulamento número 3/1995, do 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.

 4.º. Documentación a achegar coa solicitude.

  • a) Certificado de nacemento ou copia autenticada do Documento Nacional de Identidade.
  • b) Certificación de antecedentes penais expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia a Lei 68/1980, do 1 de decembro, de non estar inculpado ou procesado.
  • c) Declaración xurada de reunir os requisitos legais para acceder ao nomeamento e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade para exercer o cargo.
  • d) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

 5.º. Elección e nomeamento. As solicitudes presentadas dentro do prazo establecido someteranse á consideración do Pleno do Concello para a elección da persoa idónea de entre as interesadas co quórum de maioría absoluta dos seus membros. O candidato elixido polo Concello será proposto á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza para o seu nomeamento como xuíz de paz substituto por un período de catro anos.

 

Convocatoria para a elección dun Xuiz de Paz sustituto 

aviso

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.