Numeracion Curtis logos

¿QUÉ É O VOLUNTARIADO EUROPEO?

O voluntariado europeo é unha forma de expresar un compromiso persoal participando en actividades *voluntarias* dentro ou fora da Unión Europea.

Pódeno facer xóvenes europeos de entre 18 e 30 anos de idade (a partir de 16 anos se son xóvenes en risco de exclusión), e non se pide requisito algún, soamente as ganas de realizar o voluntariado.

Hai miles de proxectos, con miles de temáticas, polo que seguramente vas a encontrar algún que sexa do teu agrado. Así como hai miles de temáticas, tamén hai distintas duracións do proxecto, sendo o mínimo de 2 meses e o máximo 12.

Respeto ao tema económico, está todo cuberto durante a túa estancia: transporte, aloxamento, manutención, clases lingüísticas... a excepción de: o 10% do coste do viaxe (algunhas entidades xa o pagan elas) e os teus gastos persoais. Para isto existe o "Pocket Money", que é unha cantidade de cartos que debería cubrir os teus gastos persoais, xa que a realización da túa labor *non está remunerada*.

ESTOU INTERESAD@ EN PARTICIPAR, ¿QUE TEÑO QUE FACER? O primeiro paso é buscar entidade de envío, é dicir, unha asociación, entidade....que sexa da túa comunidade autónoma e esté acreditada para poder enviar a voluntari@s as proxectos. O Concello de Curtis está, desde comezos de ano, acreditada para tal fin, polo que ese paso xa está resolto.

Feito isto, hai que buscar o proxecto que máis se adapte ás labores que pretendes realizar. Para esa búsqueda as organización de envío poñerán a túa disposición tódolos recursos necesarios.

ENCONTREI O PROXECTO NO QUE QUERO PARTICIPAR

Unha vez encontrado o proxecto, deberás mandar o teu currículo e unha carta de motivación á direción de contacto da entidade.O ideal é que o currículo sexa no formato europeo, e que estea escrito en inglés, así como tamén a carta de motivación.

Despois soamente queda esperar a que sexas seleccionad@!

Máis información: Área de xuventude - 981789003 Ext.36 ou no facebook: Xuventude concello de Curtis.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.