Numeracion Curtis logos

BECAS FEUGA

Dirixidas a: titulados en FP, titulados universitarios, estudiantes universitarios.

Requisitos: Ser menor de 30 anos, non superar os 3 anos dende a finalización dos estudos, non ter experiencia profesional relacionada coa titulación unha vez finalizados os estudos. Os universitarios non poderán acumular máis de 24 meses de prácticas entre a beca feuga e outras becas.

Duración: O tempo máximo de disfrute dunha beca feuga son 12 meses.

Cuantía económica mínima da beca:

                                                      Xornada completa                                       Media xornada

FP                                                     500 €/Brutos                                              300 €/Brutos

Estudiantes universitarios          550 €/Brutos                                              320 €/Brutos

Universitarios                                600 €/Brutos                                              350 €/Brutos

*Estes son os mínimos establecidos pola fundación feuga. *As cantidades son brutas por ter retención á Seguridade social e IRPF.

Vías para a obtención dunha beca:

a) Inscrición no Servizo Público de Emprego coa titulación obtida e indicar directamente estar interesado/a en obter unha beca feuga. De este modo, poderás acceder aos procesos de selección dos empresarios/as da zona que busquen estudantes recién titulados para realizar prácticas nas súas empresas.

b) Adxudicación directa mediante o contacto entre o recién titulado e a empresa. As persoas interesadas podedes poñervos en contacto directamente con empresas nas que os interese realizar a beca e acordar a realización da mesma, posteriormente terédesvos que poñer en contacto con FEUGA para a firma do convenio (Telf. Feuga: 981534180)

Vantaxes para as empresas: As empresas teñen ventaxes fiscais, as cuantías económicas invertidas teñen tratamento de donación. Polo tanto, a dedución da cuota sería dun 35% do importe do donativo sobre o imposto de sociedades ou dunha dedución do 25% do importe do donativo sobre a cuota do imposto sobre a renta das persoas físicas.

Máis información:

FEUGA Santiago de Compostela: Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida. Telf. 981 534 180

FEUGA Coruña Centro Universitario de Riazor: Rúa Almirante Lángara, s/n. A Coruña. Telf. 981 250 903

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.