banner narracion curta XIV

Festas e romarías

  cabalo  moteiros  maiores  
   cogumelo  queixo  maiores  

Festas temáticas

O Concello organiza, ou axuda na organización, dunha serie de feiras específicas ao longo do ano, que atraen un gran número de visitantes de toda a comarca. 

cabaloFerira do Cabalo
Ten lugar en Teixeiro o primeiro domingo de agosto e nela pódense contemplar os mellores exemplares do lugar ademáis de asistir a impresionantes exhibicións de doma.

cogumeloFesta do Cogomelo
Organízase en Teixeiro o último domingo de outubro. Proponse unha ruta a través dos locais hostaleiros para degustar as distintas variedades de cogumelos da zona preparados de diversas maneiras.


queixoFeira da Nabiza e do Queixo de Curtis
Celébrase no recinto feiral de Curtis a principios de decembro. Nela pódese probar o típico caldo galego feito a base de nabizas, e tamén outros produtos da comarca como o afamado queixo de tetiña.

moteiros

Concentración moteira
O club Os Auténticos de Curtis organiza en agosto unha concentración de moteiros. Esta festa reúne a centenares de afeccionados ao mundo das motos, para os que se preparan rutas e espectaculares exhibicións.


maiores

Festa dos maiores
Con esta reunión, o Concello homenaxea aos veciños de maior idade do municipio.

 
maiores'Curtis na Lembranza, Feira de 1900' 
O pobo de Curtis regresa a 1900 para lembrar e homenaxear aos mercados desa época, os que impulsaron, xunto ao ferrocarril, o crecemento e dinamización deste núcleo. Celébrase a finais do mes de xullo. Máis información: www.curtisnalembranza.es 

Festas parroquiais

O concello de Curtis é coñecido polas súas festas e romaxes, que desde a primavera até o outono enchen as rúas de cor e música e fan as delicias dos que nos visitan.

Finais de MAIO Festa das Flores CURTIS
Principios de XUÑO Festas en honor de Santa Juliana La ILLANA
Mediados de XUÑO Romería do Monolito CURTIS
Mediados de XULLO Festas na honra de San Cristovo SAN CRISTOVO
Mediados de XULLO Festa da juventud TEIXEIRO
25 de XULLO Festa en honra do Apóstol PARADELA
1º fin de semana de AGOSTO Festa en honra da Virxen das Neves FOXADO
15 de AGOSTO Festa en honra de Santa María FISTEUS
16 de AGOSTO Festa en honra de San Roque XABRIÑO
Mediados de AGOSTO Fiesta en honra de Santa Eulalia SANTAIA
28 de AGOSTO Romería da Pelegrina XABRIÑO
Finaís de AGOSTO. Festa en honra da Nosa Sra. de Lourdes CURTIS
8 de SEPTEMBRO Romería da Pelegrina Pequeña XABRIÑO
8 y 9 de SEPTEMBRO Festa en honra da Nosa Sra. dos Remedios TEIXEIRO
12 de OCTUBRo Festa en honra da Virgen do Pilar PARADELA

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.