banner narracion curta XIV

Corporación Municipal

O Pleno da corporación, presidido polo alcalde e integrado polos concelleiros de todos os grupos políticos con representación municipal, é o órgano de máxima representación dos cidadáns no Goberno local. As atribucións do Pleno veñen reguladas nos arts. 22-LBRL, 23-TRRL e 50-ROF, así como no Regulamento Orgánico Municipal (ROM). Entre as súas principais funcións destacan o control e fiscalización dos órganos de Goberno, a aprobación dos orzamentos, a aprobación e modificación das ordenanzas e normativas municipais, os acordos relativos á delimitación e alteración do termo municipal e dar luz verde aos proxectos de obras e servizos, así como a moción de censura ao alcalde e a cuestión de confianza.

As sesións de Pleno ordinarias son públicas e celébranse o primeiro venres dos meses pares, aínda que existe a posibilidade de adiantalas ou demoralas unha semana por causas debidamente xustificadas derivadas da ausencia da Alcaldía, dos asuntos a tratar ou da coincidencia das datas en días festivos. En todo caso, manterase o punto de 'Rogos e preguntas' e de control dos órganos corporativos segundo o apartado e) do art. 46.2 da Lei 7/1985.

As sesións extraordinarias convocaranse cando así o decida a Alcaldía ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da corporación.

Membros da corporación

- Sr. D. Javier Fco. Caínzos Vázquez

Alcalde (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

-Sr. D. Antonio Ángel Fraga Sánchez.

1er Tenente de alcalde e portavoz (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sra. Dna. Eva Lata Naveira

Concelleira e 2ª tenente de alcalde (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sra. Dna. Marta Belén Barreiro Méndez    

Concelleira e 3ª tenente de alcalde (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

 -Sra. Dna. Mª del Carmen Cernadas Sánchez . 
Concelleira (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sr. D. Emilio Souto iglesias
:
Concelleiro (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sr. D. Alfonso Gómez Cancelo.

Concelleiro (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sr. D. José Barral López
.
Concelleiro (PP)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sr. Dna.  Maria Isabel Ares Pérez
Concelleira e voceira (Asembleas Abertas)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sra. Dna. Verónica Fuentes Vázquez:

Concelleira e voceira (Asembleas Abertas)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

- Sr. Dna. Maria Amalia Seoane Barreiro

Concelleira e voceira (Asembleas Abertas)
Declaracións de actividades e bens patrimoniais

Regulamento Orgánico Municipal

O Regulamento Orgánico Municipal (ROM) articula o funcionamento xeral dos órganos básicos e complementarios do Goberno local.

Plenos municipais

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.