Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Historia

O nome do territorio de Curtis procede da industria do curtido de peles que durante séculos axudou a levantar a economía dos labradores e gandeiros da zona. E a pesar de que co paso do tempo esta actividade decaeu, mantivo a súa denominación até os nosos días.

A historia do concello de Curtis está estreitamente relacionada coa dos municipios de Sobrado e Vilasantar. De feito, existen dúas parroquias co nome de Curtis, unha delas no mesmo concello ao que dá nome, Santa Eulalia de Curtis (Santaia), e San Vicente de Curtis, en Vilasantar. Da unión destas parroquias formouse 'o Coto de Curtis' na histórica provincia de Santiago, pero se volveron a separar coa división municipal que se levou a cabo durante o século XIX.

Prehistoria


Da historia de Curtis consérvanse varios elementos que dan conta da súa relevancia. Segundo coinciden os historiadores, os antigos poboadores desta terra foron os oestrimios, que se foron mesturando con poboadores chegados do norte. Os restos de castros en Castelo (Santa María de Foxado), no que se descubriron importantes xacementos arqueolóxicos e xoias de ouro, ou en Vilarullo e Frádegas (en Santa Eulalia) confirman a existencia dunha importante poboación prehistórica.

Época romana


Da época prerromana localízanse varios campos de mámoas, e da romana consérvase un campamento militar na aldea da Cidadela, pertencente ao veciño Sobrado dos Monxes. Dita aldea atópase a escasos dous quilómetros do núcleo da parroquia de Santa Eulalia de Curtis.

Idade Media

ermitaespineiraCurtis, Vilasantar, Sobrado e algunhas terras máis formaban o Condado de Présaras, un dos máis importantes desde a época sueva ata que, no século X, os condes Hermenegildo e Paterna fundaron o mosteiro de Sobrado. Durante as invasións bárbaras, no século IX, o municipio de Curtis non quedou á marxe dos saqueos e foi incendiado o mosteiro de Santa Eulalia de Curtis.

Séculos XIX e XX


As parroquias que integran o actual municipio pertencían no Antigo Réxime a tres xurisdicións: Curtis, Fisteus e Sobrado. En 1812 creáronse os municipios de Curtis e Fisteus, vixentes até 1814 e entre 1820-1823. En 1834, Curtis pasou a formar parte do partido xudicial de Arzúa e os seus lindes quedaron establecidos en 1836. A parroquia de Santa María de Lourdes creouse en 1925, segregada da de Fisteus.

estacioncurtisOtros datos tamén nos falan da importancia histórica do municipio de Curtis, por exemplo, as Casas Blasonadas en San Cibrá e Balter (preto da igrexa de Fisteus), a Ponte Vella da Castelá, Casa Abeledo (preto da igrexa de Foxado) ou o Pazo de Santaia.

Máis recentemente, o feito histórico de maior relevancia para o termo municipal foi o paso da liña férrea Palencia-A Coruña e a construción da estación de Curtis, que inaugurou o rei Alfonso XII en 1883 e que foi parada obrigatoria para os trens xa que un depósito de auga nas proximidades permitía abastecer ás máquinas de vapor. Durante moito tempo, e cunha ligazón por estrada con Santiago de Compostela, converteuse nunha das poucas vías para chegar á meseta castelá desde a cidade xacobea. Foi, sen dúbida, un gran factor para o desenvolvemento e o auxe económico da comarca e, especialmente, deste municipio.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.