banner cam ver 2017

CIM

logo n cim

O CIM, Centro de Información á Muller, é un servizo gratuíto con sede en Curtis que atende a usuarias deste municipio, así como de Sobrado e Vilasantar. Ofrece apoio, información e asesoramento xurídico e psicolóxico.

Este servizo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Equipo: Integrado por unha directora – avogada e unha psicóloga.

Horario:

Directora – avogada:
Luns, martes, xoves e venres: de 8.00 h. a 15.00 h.
Mércores: de 08:00 h. a 14:30 h. e de 16.00 h. a 19.00 h.

Psicóloga:
Luns a vernes: de 10:00 a 14:00 h.

Principios de actuación:
- Gratuidade.
- Respecto á vontade da persoa.
- Confidencialidade.
Tríptico informativo del CIM

Funcións

- Información e asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Información sobre os recursos dispoñibles para as mulleres.
- Orientación profesional.
- Fomento do movemento asociativo e participación das mulleres na sociedade.
- Atención específica ás mulleres vítimas de violencia doméstica / xénero.
- Calquera outra información encamiñada a conseguir a igualdade das mulleres que de forma individual solicíteno.

Área xuridica


Información e asesoramento xurídico de calquer cuestión de tipo legal, principalmente no dereito de familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias, etcétera), xusticia gratuita, así como outros aspectos de dereito civil, administrativo, laboral...

Área psicolóxica


- Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión e baixa autoestima.
- Apoio e intervencións en caso de malos tratos.
- Asesoramento en problemas de parella.

Actividades


- Información dos recursos da comarca.
- Realización de charlas, coloquios, exposicións... sobre temáticas de interese para as mulleres.
- Colaboración con colectivos e institucións que organicen actividades relacionadas coas mulleres.
- Implementación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do concello de Curtis

Asociacionismo


- Informar e asesorar ás asociacións sobre actividades, recursos, subvencións e servizos relacionados coas mulleres.
- Potenciar o asociacionismo das mulleres e incentivar a relación con e entre as asociacións existentes
Dirección
Casa Consistorial
Praza de España, 1, 2º planta.
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Teléfono: 981 789 003
Fax: 981 789 578
Facebook do CIM

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.