banner narracion curta XIV

Conciliación

A aposta do Concello no ámbito da conciliación aséntase principalmente en dúas iniciativas:

Programa de Conciliación da Montaña Coruñesa
Ao longo de 2015, o Concello, en colaboración coa Deputación da Coruña, traballou a igualdade de xeito transversal para que as actividades desenvolvidas non só permitiran a conciliación senón tamén tiveran en conta a importancia da igualdade e a corresponsabilidade familiar. As actividades tiveron lugar durante as vacacións escolares de nadal, semana santa e verán.

O servizo ‘Concilia na Escola’ do Concello de Curtis está dirixido á atención dos alumnos e alumnas de 3 a 11 anos dos CEIP de Curtis e Teixeiro durante o ano escolar. Impulsado polo CIM (Centro de Información ás Mulleres), o obxectivo é dar resposta ás familias na súa necesidade de conciliación coa vida laboral.

Os país e nais poden elixir entre os seguintes centros:
- Centro de Ocio Infantil de Teixeiro
- Centro de Ocio Infantil de Curtis

O servizo dispón de horario de mañá e de tarde, abarcando as horas previas de entrada aos colexios, con posibilidade de almorzo ou non e dúas horas desde a saída do servizo de comedor.

Ademais, oferta un servizo de conciliación máis amplo durante o período de adaptación escolar. Desta maneira, as familias non deberán interromper os seus traballos ou quefaceres para achegar aos pequenos ao centro escolar, xa que diso se encargarán as propias monitoras do servizo.

Nos centros prográmanse gran variedade e oferta de actividades, que poderán coordinarse co propio servizo de conciliación do CIM Curtis.

A inscrición pode realizarse antes do inicio do curso, pero tamén iniciado este.

Existe a posibilidade de inscribirse en días esporádicos, en servizo de mañá ou de tarde, ou incluír o servizo completo.

Para o caso dos días esporádicos, poderase avisar o propio día no que se precise o servizo, acudindo ao Centro de Ocio correspondente no seu horario de apertura.

Este novo servizo está incluído entre os compromisos do IV Plan de Igualdade do Concello de Curtis 2018-2020, que xira sobre á educación, a conciliación, o emprego, o benestar social e a violencia de xénero. Por iso, todas as actividades e dinámicas que se aplican teñen en conta o principio de igualdade de xeito transversal, fomentando a igualdade.

ImaxeEducando 20141113

Educando en familia
Programa para o desenvolvemento de actividades do desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial para os nenos de 0 a 3 anos e atención de pais e nais.

Dirección:
Centro de Ocio de Curtis
Alcalde Espiñeira, s/n
15310 Curtis (A Coruña)

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.