Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Como actuar cando hai problemas coas sinais de TDT?

O forte temporal do domingo provocou numerosas incidencias coa TDT en zonas do municipio que reciben o sinal do repetidor en Ratona, como Os Carballás, Montealto e A Insúa, entre outras. O Concello estivo en contacto con Retegal para que se restablecese o servizo canto antes.

Como actuar ante este tipo de incidencias?

Recoméndase aos afectados cando existen problemas co sinal de TDT que chamen ao Concello ou a Retegal, aínda que, se as condicións atmosféricas son adversas como estes días, Retegal advertiralles que chamen tamén ao Concello para comprobar se o repetidor ten electricidade ou se o fallo non é por ningún corte de luz.

Concello de Curtis

  • Teléfono 981 789 003

Retegal. Contan cun servizo de atención as 24 horas.

  • Teléfono 901 100 224
  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.