banner narracion curta XIV

Aprobación Definitiva Parcial da Modificación Puntual Nº 6 do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Con data do 22/01/2020, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ditou a resolución de “Aprobación Definitiva Parcial Da Modificación Puntual Nº 6 Do Plan Xeral De Ordenación Municipal DO CONCELLO DE CURTIS” (DOG nº 28 do 11/02/2020 e BOP nº 32 do 17/02/2020).

A modificación parcial afecta aos 143 asentamentos rurais existente no Concello, dos cales 13 están en suspenso debendo emendarse deficiencias sinaladas pola propia Consellería; os suspensos son:

- parroquia de Fisteus: Os Campos, As Regas, Balter, Cruceiro.

- parroquia de Sta. Maria de Curtis: Abelar e Brixería.

- parroquia de Lourdes: Bodeus.

- parroquia de Curtis: Montealto, Morangueiros, Cerdeira, Modillós, Santaia e Curro.

O Concello está a preparar o documento corrixindo as deficiencias dos 13 núcleos en suspenso para enviar a Consellería e que proceda a súa aprobación definitiva.

Pódense consultar os planos AQUÍ: Planos PXOM.pdf

aviso copy

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.