Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Visita á pista de patinaxe sobre xeo de Marineda City na Coruña o día 23

pistas 2015

O Concello de Curtis, no marco das actividades de Nadal, organizará unha visita o vindeiro mércores, día 23, á Marineda City na Coruña, centro co que pechou un acordo para o uso da pista de patinaxe sobre xeo a prezo de grupo.

Os interesados en acudir (calqueira veciña/o maior de 4 anos) poden inscribirse até o día 18 deste mes nas dependencias municipais, ben na Casa do Concello en Teixeiro (telf. 981 789 003) o en Curtis (Telf. 981 777 105).

O bus sairá de Teixeiro ás 9.45 horas e de Curtis ás 10.00 horas. Patinaraxe de 11.00 a 12.00 horas.

O prezo da entrada será de 4 euros e é obrigatorio levar luvas.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.