banner narracion curta XIV

Reunións en Curtis e Teixeiro para explicar as posibilidades de investimento e emprendimiento no rural

cartelgdr 2016

  • Están previstas para o mércores, 25, ás 16.00 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro e ás 21.00 horas no Recinto Feiral de Curtis.

Mañá, mércores, 25, organizaranse dúas reunións no concello de Curtis co fin de explicar a colectivos e veciños interesados as posibilidades de emprendimiento e de investimento que se poden desenvolver no municipio a través da súa integración no territorio do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural das Mariñas) e coas axudas do programa europeo Leader 2014-2020.

Nestas reunións, ademais da presentación dos programas, recolleranse as suxestións e propostas para o deseño dunha estratexia conxunta.

As liñas de actuación contemplan desde axudas á mellora da xestión do sector agrario, incluída a recuperación de cultivos locais, e á súa competitividade (cooperativismo, comercialización de produtos, etc.), así como ao fomento das explotacións forestais, a innovación e a transferencia de coñecemento no sector agrario e forestal e a mellora e conservación do medio ambiente. Ademais, impulsaranse proxectos que axuden á diversificación da economía e o emprego, ao fomento dun turismo sustentable, á mellora do patrimonio e a cultura e a impulsar servizos vinculados á mellora da calidade de vida do rural.

As reunións están fixadas ás 16.00 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro e ás 21.00 horas no Recinto Feiral de Curtis.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.