banner cultura 2019 1

Os amantes do culturismo e os deportes de forza e contacto daranse cita o sábado no Teixeiro Summer Festival

Sumer

O pobo de Teixeiro será o escenario este ano do Summer Festival, que dará cita este sábado, día 6, aos amantes do culturismo e dos deportes de forza e de contacto.

Neste evento multidisciplinar poderanse seguir diferentes competicións, algunhas oficiais como as probas de culturismo e todas gratuítas excepto a velada de boxeo que se organizará no pavillón polideportivo de Teixeiro a partir das 21.00 horas.

Desde as 12.00 horas, na Praza de España sucederanse o Open Nacional de Powerlifting, o Campionato de Culturismo e exhibicións, entre outras disciplinas, de Kickboxing, Boxeo, Street Workout, Reto Crossfit e Halterofilia.

Entre os participantes, destaca a presenza, en Culturismo, de Jorge Zamorano, Ramses e Jesús Gallego; de Roberto Rodríguez en Strogman e Víctor Castro en Halterofiilia.

A xornada está organizada polo Concello de Curtis baixo a coordinación de Santiago Fernández Linares, coñecido como Guti.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.