Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

As Cabalgatas de Reis sairán ás 17.00 horas da Estación de Tren de Curtis e da Casa do Concello en Teixeiro

reyesO Concello de Curtis xa ten todo preparado para as Cabalgatas dos Reis Magos que percorrerán os pobos de Curtis e Teixeiro o xoves, día 5, a partir das 17.00 horas de maneira simultánea e que finalizarán, nos dous casos, coa recepción aos Magos de Oriente e cunha gran festa infantil.

Curtis: A comitiva dos Reis sairá desde a Estación de Tren e continuará pola Avenida Principal até chegar á Casa da Xuventude, e alí virará á esquerda cara a rúa Alcalde Espiñeira camiño do edificio Multiusos do Recinto Feiral de Curtis, onde se celebrará a recepción e a festa infantil.

Este ano, ademais, por primeira vez, os Reis, pouco antes de saír da estación de ferrocarril, farán unha parada no Centro de Día.

Teixeiro: Os Reis Magos partirán desde a Casa do Concello na Praza de España e seguirán por Sánchez Anido até á estación de tren. Despois percorrerán as rúas Doutor Martínez Pardo, Emigrantes e Faragullas até o pavillón polideportivo, onde se recibirá á comitiva e organizarase a festa para os nenos e nenas.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.