Numeracion Curtis logos

Aberta a inscrición para o Entroido de Curtis e Teixeiro, que premiará con vales de compra no comercio local

cartel copyO Concello de Curtis repartirá vales de compra entre os gañadores dos concursos de disfraces do Entroido 2017 que se celebrarán o martes, 28 de febreiro, en Curtis e Teixeiro.

Os premios, ademais de recoñecer a calidade e a orixinalidade dos disfraces, queren ser un apoio ao comercio local e por iso se incentivará o consumo nos establecementos comerciais e de hostalaría do municipio.

Para participar no concurso será obrigatoria a inscrición que se pechará o 22 de febreiro e, como en anos anteriores, os participantes que se anoten antes desa data recibirán un agasallo.

O Entroido celebrarase no salón do Recinto Feiral de Curtis e no pavillón municipal de Teixeiro, en ambas as localidades ás 17.00 horas.

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
'ENTROIDO 2017 DO CONCELLO DE CURTIS'

  1. O concurso celebrarase o vindeiro 28 de febreiro de 2017 nas festas de entroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.
  2. Os participantes deben inscribirse ata o día 22 de febreiro de 2017 nas dependencias municipais para poder participar no concurso.
  3. Para inscribirse será necesario aportar nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.
  4. O xurado estará composto por varios membros alleos ao Concello.
  5. Establécense as seguintes categorías (tanto en Curtis como en Teixeiro):
  6. Concurso infantil (ata 16 anos)
    1° premio grupo: vale de compra de 100€
    1° premio individual: vale de compra de 50€
    2° premio individual: vale de compra de 50€
    3° premio individual: vale de compra de 50€
    Concurso maiores
    1° premio individual ou de grupo: vale de compra de 300€
    2° premio individual ou de grupo: vale de compra de 200€
    3° premio individual ou de grupo: vale de compra de 100€
  7. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.
  8. Os premios deberán gastarse nos establecementos do Concello (comercio e hostalería).
  9. Os gañadores deberán porse en contacto co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento colabora neste programa.
  10. Os persoas que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.
  11. O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.
  12. A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.