Numeracion Curtis logos

O Premio de Narración Curta do Concello de Curtis lanza na súa XIV edición un reto literario: vacas, un tren e... zombis!

xix narracion curtaA concellaría de Cultura activa o XIV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis. Na convocatoria deste ano a temática é “case” libre.

A idea: cóntanos o que queiras, pero no teu relato terán que aparecer: vacas, un tren e... zombis!

É un RETO LITERARIO! Anímate!

BASES DO CERTAME DE NARRATIVA CURTA DO CONCELLO DE CURTIS
RETO LITERARIO: VACAS, UN TREN E ZOMBIS

1.-Convócase o XIV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis “RETO LITERARIO:VACAS, UN TREN E ZOMBIS”.

2.- Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

3.-Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.

4.- Deberán enviarse escritos en formato Word e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 caracteres (espazos incluídos).

5.-Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Achegarase no documento de Word unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.

6.- A data límite de entrega é o 20 de abril de 2019.

7.-Establécense dúas categorías:

  • A-alumnado dos centros de ensino a partir dos 12 anos
  • B-dos 18 anos en diante

         e dous premios en metálico para cada categoría:

         Categoría A:

  • 1º premio de 200 euros
  • 2º premio de 100 euros

        Categoría B:

  1. 1º premio de 350 euros
  2. 2º premio de 150 euros

8.-Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.

9.- Os premios estarán suxeitos a retención oportuna que resulte da aplicación da lei vixente en materia de rendas de persoas físicas no momento da súa concesión.

10.- O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se así o considera

11.-Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro

12.- Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de xuño, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.

13.- A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ó 651046603.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.