Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Inscrición para a campaña de Esquí da Deputación

Campaña de Esquí da Deputación.
 
manzanedaCampaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes en calquera municipio da provincia. Para o municipio de Curtis resérvanse tres prazas.
 
Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. 

INSCRICION: Ata o 10 de xaneiro

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.