banner narracion curta XIV

O Concello de Curtis amplía os días e as actividades do Entroido, que se celebrará do 3 ao 6 de marzo

Entroido webO Concello de Curtis amplía este ano os días e as actividades programadas para a celebración do Entroido, que comezarán xa o domingo, día 3, coa celebración da segunda ruta Gastronómica os Sabores do Entroido ,e finalizarán o día 6, con contacontos e manualidades do enterro da sardiña.

Os nenos e nenas terán, un ano máis, un protagonismo especial.

CARTEL:pdf

PROGRAMA 

3 marzo, domingo:

  • Ruta dos Sabores do Entroido en Curtis e Teixeiro

Os bares e restaurantes de ambas as localidades ofrecerán tapas e bocados elaborados con produtos típicos de entroido.

4 de marzo, luns

  • Obradoiros infantís de disfraces e caretas

Horario: 11.00 horas a 13.00 horas.
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis
  • Edificio Usos Múltiples de Teixeiro

Inscricións: Casa do Concello, 981 789 003 / Oficina Municipal, 981 777 105

5 de marzo , martes

  • Festa e concurso de disfraces

- Horario: a partir das 17.00 horas.
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis
  • Pavillón de Teixeiro

6 de marzo, mércores

  • Despida do Entroido con Don Carnal e Dona Cuaresma

Contacontos e manualidades do enterro da sardiña.

Horario: 11.30 a 13.00 horas
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis
  • Edificio Usos Múltiples de Teixeiro

 


BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
'ENTROIDO 2018 DO CONCELLO DE CURTIS'

1.- O concurso celebrarase o vindeiro 5 de marzo de 2019 nas festas de entroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.

2.- Os participantes deben inscribirse ata o día 4 de marzo de 2019 nas dependencias municipais para poder participar no concurso.

  • Inscricións: Casa do Concello, 981 789 003 / Oficina Municipal, 981 777 105

3.- Para inscribirse será necesario aportar nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.

4.-O xurado estará composto por varios membros alleos ao Concello.

5.-Establécense as seguintes categorías (tanto en Curtis como en Teixeiro):

CONCURSO INFANTIL (ATA 16 ANOS):

  1. Premio individual ou grupo: vale de compra de 150 €
  2. Premio individual ou grupo: vale de compra de 100 €
  3. Premio individual ou grupo: vale de compra de 50 €

CONCURSO MAIORES:

  1. Premio individual ou grupo: vale de compra de 300€
  2. Premio individual ou grupo: vale de compra de 200€
  3. Premio individual ou grupo: vale de compra de 100€

6.- A clasificación para optar aos premio será por idade, quedando establecido o concurso en dúas categorías a infantil para cando se presenten de xeito individual ou colectivo menores de 16 anos e de adultos no resto dos casos. Se hai un integrante do grupo que teña 16 anos ou máis, o grupo participante pasará a formar parte da categoría de adultos aínda que a maioría do grupo sexa infantil.

7.- En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.

8.- Os premios deberán gastarse nos establecementos do Concello (comercio e hostalería).

9.- Os gañadores deberán porse en contacto co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento colabora neste programa.

10.-Os persoas que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.

11.- O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.

12.- A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.