banner cultura 2019 1

Natureza activa

Curtis é un municipio privilexiado en patrimonio natural, riqueza que se pode percorrer en rutas tanto a pé como en bicicleta co fin de deixarse atrapar pola paisaxe galega máis auténtica, a dos bosques, ríos, prados e aldeas... Rutas que levarán aos visitantes até monumentos históricos e naturais, que descubrirán a arquitectura popular da zona e as pequenas marabillas doutra maneira inaccesibles.

Tamén os amantes da pesca atoparán no municipio ríos ricos en troita e salmón, con canles limpas e saneadas, nos que se coida especialmente a súa rexeneración e repoboación.

rutas

Rutas de sendeirismo

Propómoslles algunhas rutas que garanten unha experiencia fantástica en contacto coa natureza:

rutas

Pesca fluvial

O municipio caracterízase por unha densa rede de ríos e regachos que vertebran o territorio. Son os cumios da Graña e o Enxameado os que dividen as zonas hidrográficas do municipio. O río principal é o Mandeo, que se nutre da auga que recibe dos regachos da Cova da Serpe, o mesmo que o río Deo. As augas do sur contribúen ao desenvolvemento do Tambre e na parte máis oriental déixase ver o río Mendo.

Os amantes da pesca, especialmente da troita e o salmón, poderán achegarse ao Coto Vilarraso, un tramo do río que conforma o límite entre Aranga e Curtis. As demarcacións do coto están establecidas entre Ponte de Cencasas e a desembocadura do Deo, na ponte da Castelá.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.