banner nadal 17

O Concello abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos de verán, que este ano serán temáticos

  • Inclúen actividades lúdico deportivas para facilitar a conciliación en xullo e agosto.

CAMPAMENTOS URBANS CONCELLO DE CURTIS 2017 1Os nenos participantes nos Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Curtis para facilitar a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto volverán gozar este ano de numerosas actividades lúdico deportivas que, nesta ocasión, teñen unha formulación temática: superheroes, piratas, oeste e medieval.

Os campamentos organizaranse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, excepto os festivos, nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Lecer Infantil.

Para poder participar neles, a idade mínima é a dos nenos e nenas nados en 2013. As actividades incluídas serán atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, voleibol, padel, bádminton e deportes acuáticos, así como xogos de mesa e de expresión, talleres, manualidades, disfraces e excursións.

As datas a elixir son:

  • 3 ao 14 de xullo: temática Superheroes
  • 17 ao 28 de xullo: temática Pirata
  • 31 de xullo ao 11 de agosto: temática Oeste
  • 14 ao 31 de agosto: temática Medieval.

A inscrición deberá realizarse antes do 15 de xuño (este día incluído) ben na Casa do Concello de Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O obxectivo desta inscricion é coñecer o número de participantes, pero no caso de non ter claras as datas nas que participar agora se poderán anotar noutras quendas de xullo e agosto. É dicir, en cada quincena darase un prazo para inscribirse na quenda seguinte.

O prezo por quincena será de 25 euros o primeiro fillo e de 15 euros a partir do segundo.

  • Folleto dos campamentos. Recomendacións pdf
  • Ficha inscrición pdf

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.