Numeracion Curtis logos

Parroquias

Curtis posúe unha extensión de 117,5 quilómetros cadrados, distribuídos en catro parroquias, Santa María de Fisteus, Santa María de Foxado, Santa Eulalia de Curtis e Santa María de Lourdes:

 

Santa María de Foxado: situada ó leste, é xunto con Fisteus, a máis rural e a menos poboada de todas as parroquias. Carece de núcleo principal e ocupa unha superficie do 30,54% do total.

Santa María de Fisteus: é a parroquia máis extensa ocupando o 34,96% da superficie do concello.

Santa Eulalia de Curtis: ocupa o centro-norte do concello. Ten unha superficie equivalente ó 27,14% da superficie municipal e é aquí onde se sitúa o outro núcleo importante: Teixeiro.

Santa María de Lourdes é a máis occidental e a máis pequena de todas (865 Ha) e representa o 7,36% da superficie do concello. A esta parroquia pertence o núcleo urbano de Curtis que representa un 27% da poboación total do concello.

 

Na táboa que se amosa a continuación atopamos máis datos que nos permitan coñecer un pouco máis cada unha destas parroquias:

 

  Sta. Eulalia Fisteus Foxado Lourdes TOTAL
Extensión km2 31.6 km2 45 km2 38.5 km2 2.3 km2 117.5 km2
Entidades poboación 54 51 31 6 142
Nº habitantes 1.799 657 503 1.412 4.371
Porcentaxe poboación 41.16 % 15.03 % 11.51 % 32.30 % 100 %
Densidade (hab/km2) 56.93 14.60 13.06 613.91 37.20
Fonte: elaboración propia

Das catro parroquias Sta. Eulalia de Curtis (cun 39,9%) e Sta. María de Lourdes (30%) concentran a maior parte dos habitantes. A estas parroquias pertencen respectivamente os dous núcleos máis importantes do concello, Curtis e Teixeiro. Ambos núcleos distan 12 km. entre si e comparten importancia, en torno a eles ten lugar a maior parte da actividade que se xera no concello. Ademais, o seu crecemento paralelo deu lugar a unha duplicación dos servicios, equipamentos e dotacións municipais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.