banner cultura 2019 1

igrexasanroqueÉ a parroquia máis extensa, de 40,84 km2, e ocupa o 34,96% da superficie do municipio. Os seus núcleos principais son a Praza de Fisteus e a Praza da Illana.

Os veciños de Santa María de Fisteus dedícanse, na súa maior parte, á agricultura, á gandaría e á produción de produtos lácteros como o queixo de tetilla. De feito, investigadores como Labrada ou Pascual Madoz destacaron no XIX unha serie de mercados coñecidos pola fama dos seus queixos e, de entre todos, eloxiaron a feira do campo da Illana. A súa fama foi tal que durante un tempo, os queixos de teto foron coñecidos tamén como queixos da Illana.

Núcleos de poboación


Alvite / A Arada / A Baiuca / Baldarís / Balter / Boipardo/ O Busto / A Cabana / Campos / A Carriceira / A Casanova / O Castro / Cencasas / Centeás / A Cheira / O Codeso /  Couceiros / O Cruceiro / A Devesela / A Eirixe / Esmorís / O Estanco / Estremil / O Fieital / Fontá / A Fraga / Godulfes / A Graña / A Hedreira / O Ifrexario / A Illana / A Insua / A Lagoa / Martín / Os Martiños / As Merelas / Mirás / O Outeiro / O Padreiro / Pardiñeiras / O Pardiñeiro / A Pena / Penarrubia / As Pereiras / Piñeiro / Portasbestas / Porto / Rabuñas / Señor / Vilares / O Vilarvello / Zafrela

Contorna


Por esta parroquia discorre o río Mendo con pequenos afluentes que no século XVIII movían un total de 24 muíños de fariña que, aos poucos, substituíron ás antigas construcións de pedra manuais. Hoxe en día, a maior parte destes muíños desapareceron, pero se lembran en moitas cancións do folclore galego. Grazas a estas edificacións tamén se abriron novas vías de comunicación que achegaron aos veciños ao crearse carreiros e pontes sobre os arroios

Etimoloxía


A etimoloxía do nome de Fisteus non é coñecida, pero existen varias teorías sobre a súa orixe. Para algúns estudiosos pode provir do latín 'filictum' derivado de 'filix-filicis', que significaría un lugar de fieitos. Outra teoría procede da súa localización, xa que ao estar situada no límite dunha demarcación territorial o seu nome pode proceder de 'Finis Terreus', é dicir, fin dunha demarcación territorial.

Algo de historia

A parroquia de Fisteus chegou a ter dous cotos para a administración de xustiza: Fisteus e Merelas. O primeiro foi do Señorío de D. Bernardino Frade e Moscoso, Intendente de Mariña do Reino e veciño da Coruña; e o segundo era do Señorío do Convento de Sobrado.

Festas e romarías

Festa na honra de Santa Juliana, na Illana. Principios de xuño.
Festa na honra de Santa María, en Fisteus. 15 de agosto.
Romaría da Pelegrina, en Xabriño. 28 de agosto.
Romaría da Pelegrina Pequena, en Xabriño. 8 de setembro.

BotonPatrimonio

 

 

 

 

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.