Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Santa Eulalia de Curtis

igrexastaeulaliaOcupa o centro-norte do concello. O seu territorio equivale ao 27,14% da superficie municipal e acolle a capital de Curtis: Teixeiro. Conta con 54 núcleos de poboación, 36 no distrito de Santaia e 18 no distrito de Teixeiro que suman en total unha poboación de 1.800 habitantes.

Esta parroquia, e sobre todo o lugar de Santaia, foi durante moitos anos o centro do municipio. Co paso do tempo, e xa a mediados de 1800, coa chegada da liña férrea primeiro a Curtis e logo a Teixeiro, a poboación desprazouse a vivir a estes dous núcleos.

Núcleos de poboación


O Abelar / Arrescalvo / A Baiuca / Barroso / A Brixaría / A Cabana / A Cancela / O Carballal / Os Carballás / Carregosa / Carroipaz / A Casanova / Castro de Vilarullo / A Cerdeira / Chacente / O Coto / Covas / O Curro / O Esmorique / O Espido / A Espiñeira / O Formigueiro / Frádegas / Gorxá /A Gulpilleira / A Hedreira / Ladrús / Maques de Abaixo / Maques de Arriba / Modillós de Abaixo / Modillós de Arriba / Montealto / Morangueiros / Mostás / Os Muros / As Orxas / As Paredes / O Pazo de Vilarullo/ O Pazo / O Penedo de Rendal / O Penedo de Teixeiro / A Penencia / O Pereiral / A Ponte / Portolamoso / Portopereiro / Portoseco / Quintadóniga / A Restreba / Rodrigueites / Santaia / Teixeiro / Vilardois / Vilarullo

Contorna


Santa Eulalia está bañada polo río Mandeo, río salmonero na súa parte baixa. Tamén percorren os seus montes e campos as augas do seu afluente, o Deo, e múltiples arroios que desembocan na ría de Betanzos. A pesca pódese practicar tanto nos dous ríos principais como nos arroios, e os seus carreiros de gran beleza natural propician paseos andando e a cabalo.

Etimoloxía


Probablemente o nome de Teixeiro proveña das tellerías, referidas ao traballo do barro para obter as tellas, xa que se cre que na época romana se traballaba a arxila neste lugar para moldear as construcións do castro da Cidadella, en Sobrado dos Monxes, así como nas proximidades de Castro de Vilarullo. (Obra 'Camiño do Norte', de Fernando Cabanas López).

No século IX, escapando da peste, chega a parroquia a familia dos Placencios, que edificou a vivenda familiar que logo evolucionaría a convento. Despois construíron o templo, unha ermida pequena que dedicaron á virxe e mártir Santa Eulalia. Desde entón comeza a chamarse ao lugar Santaia (Santa- Aya).

Na mesma familia dos Placencios naceu no ano 930 San Pedro de Mezonzo, no lugar de Chacente, quen se convertería no Bispo de Iria Flavia-Santiago de Compostela e nun importante líder espiritual en momentos de gran tribulación en Galicia.

Festas e romarías

Festa da Xuventude, en Teixeiro. Mediados do mes de xullo.
Festa na honra de Santa Eulalia, en Santaia. Mediados de agosto.
Festa na honra da Nosa Señora dos Remedios, en Teixeiro. 8 e 9 de setembro.

BotonPatrimonio

 

 

 

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.