Banner Narracion Curta XVII

Santa María de Lourdes

ruaprincipalcurtisÉ a máis occidental e a máis pequena do municipio. Con 865 ha., representa o 7,36% da superficie do concello. A esta parroquia pertence o núcleo urbano de Curtis, onde se concentra o 34% da poboación total do concello, un total de 1.420 habitantes.

Nosa Señora de Lourdes foi desmembrada de Santa María de Fisteus e creada parroquia independente pola real Orde da Dirección Xeral de Xustiza, Culto e Asuntos Xerais o 10 de outubro de 1928, adquirindo total independencia por un Decreto do Arcebispado de Santiago do 1 de febreiro de 1929.

BotonPatrimonio

 

 

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.