Numeracion Curtis logos

Centro Etnográfico do Río Mandeo

centroEtnograficow
O Centro, dedicado á formación e interpretación dos valores culturais e etnográficos do río Mandeo, obedece a unha dobre función: formativa, acollendo nas súas aulas cursos e talleres; e divulgativa, a través do centro de interpretación, que pon en valor o patrimonio cultural e etnográfico de toda a conca do Mandeo utilizando o río como fío condutor.

Esta instalación está orientada a visitas didácticas e divertidas, especialmente deseñadas para mozos en idade escolar. Conta cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo do visitante.

Edificio premiado. De arquitectura singular e innovadora, a súa estrutura adaptouse á parcela onde se edificou coma se fose unha parada máis cara ao río Mandeo. O centro obtivo unha mención de honra na Bienal Internacional Barbara Capoochin.

Instalacións:
Zona de exposicións, salón de actos, aulas e albergue.

Horario:
De martes a venres, de 10.00 h. a 13.00 h., e de 16.00 h. a 19.00 h.
Sábados e domingos, de 10.00 h. a 13.00 h.

Dirección:
C/ Acceso al Paseo Fluvial
15310 Teixeiro (Curtis, La Coruña)
Telf. 981 789589

Realizar unha reserva: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.