banner cultura 2019 1

Rede Concellos Saudables

Curtis intégrase, xunto a Begonte e Guitiriz, na Rede de Concellos Saudables de Galicia, que aposta pola promoción de hábitos de vida saudable entre a poboación, en especial entre os máis novos, co fin de mellorar a saúde e a calidade de vida.

Os hábitos da poboación en idade escolar están hoxe en día máis enfocados a un lecer estático polo uso das novas tecnoloxías (móbiles, consolas, tablets) e obsérvase unha baixada nos índices de práctica deportiva en idade escolar e adulta en instalacións tanto públicas como privadas (piscinas, pavillóns, ximnasios, etc.).

Ante esta situación, Curtis, xunto con Begonte e Guitiriz, uniuse á iniciativa da Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Saúde Pública para pór en marcha acciones encamiñadas a:

Alimentación saudable. Con vistas a mellorar os hábitos en comedores escolares e restaurantes, desenvólvense talleres sobre o valor nutricional dos alimentos nos menús diarios e impártense cursos nos centros educativos de primaria e secundaria dedicados á alimentación saudable: catas de froitas, bocadillos e ensaladas saudables, coloquio sobre mitos da alimentación, almorzos sans, conservación natural de alimentos, menú 'Camiño Norte', etcétera.

Prevención. Tamén dirixido especialmente á poboación escolar dos institutos de secundaria, realízanse talleres informativos sobre os efectos negativos no organismo do alcol, tabaco e drogas.

Actividade física. É un dos programas máis amplos do proxecto. Nel desenvólvense multitude de actividades deportivas dirixidas a todas as idades, como poden ser cursos de golf, tai-chi e piragüismo, escola das costas, ruta de sendeirismo, xogos tradicionais e xornada de baile para maiores.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.