Numeracion Curtis logos

Sectores estratéxicos

O desenvolvemento da actividade económica no municipio aúna os sectores comercial e de servizos, que ocupan ao 55% dos traballadores, o industrial, que representa máis do 16%, e o primario, de gran importancia no territorio xa que, ademais de ocupar de forma directa a unha elevada porcentaxe de poboación, xera numerosos empregos secundarios en industrias relacionadas coa agroalimentación, a transformación de produtos lácteos, o transporte de animais e a venda de produtos relacionados coas explotacións gandeiras. Ademais, pola súa localización ofrece vantaxes competitivas e oportunidades de negocio nos sectores da loxística e distribución.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.