banner narracion curta XIV

Servizos sociais

O obxectivo deste servizo municipal de carácter comunitario, local e integrador é ofrecer unha atención global á cidadanía en todo o que ten que ver coas necesidades e urxencias sociais, o apoio aos colectivos máis desfavorecidos e o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo que redunden nunha mellora do benestar de persoas e familias.

Esta área, que constitúe o primeiro nivel de intervención do sistema galego de Servizos Sociais, está coordinada mediante protocolos e sistemas de derivación, información e colaboración tanto cos servizos sociais especializados como coas áreas relacionadas coa saúde, educación, cultura, emprego, vivenda, migracións e, se é o caso, desenvolvemento rural, co fin de favorecer unha intervención integral coas persoas.

As áreas de actuación son:

- Dependencia
- Maiores
- Familia e Infancia
- Inclusión Social
- Discapacidade
- Mulleres
- Migracións
- Drogodependencia
- Mocidade
- Comunidade
- Vivenda
- Voluntariado

Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)  
Telf. 981 789 003
 
Teléfonos de apoio
Información Toxicolóxica 915 620 420
Teléfono da Muller 900 400 273
Teléfono do Menor 900 444 222
Teléfono dos Mozos 900 152 535
 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.