banner cultura 2019 1

Servizos e programas

Servizo de valoración, orientación e información en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral.

Axuda no fogar (SAF)
Programa municipal de asistencia destinado a atender no seu domicilio ás persoas maiores con déficit de autonomía así como a persoas con discapacidade, especialmente no caso de que carezan de apoios persoais na súa contorna máis inmediata.

Servizo de educación e apoio familiar
Dirixido ás familias co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade como malos tratos infantís ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia. Desde este servizo trátase de evitar riscos de desestruturación ou exclusión social por distintos motivos ou problemas: drogodependencias, desemprego, desarraigamento, carencias económicas, etcétera.

Tramitación de prestacións
Servizo de información, asesoramento e apoio para solicitar as diferentes prestacións económicas e asistenciais (municipais, autonómicas, provinciais ou estatais) atendendo ás necesidades sociais que presenta cada persoa ou familia.

Lecer activo para a terceira idade
- Programa de termalismo do Imserso
- Programa de vacacións do Imserso
- Talleres de memoria
- Excursións para coñecer Galicia
- Xantar-homenaxe para os maiores

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.