banner web pre narr xIII

Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG)

A tarxeta permite obter descontos nas tarifas dos servizos do transporte público integrados no Transporte Metropolitano da Coruña.

Como se establece o prezo do billete?

O custo do billete desde as paradas de Curtis-Teixeiro a cada unha das localidades integradas no Plan Metropolitano da área coruñesa establécese en función do número de saltos fixados entre os municipios, saltos que tamén definirán o tempo establecido para realizar os transbordos sen penalización no lugar de destino.imaxesaltostransporteprezostrasporte

Exemplo de Curtis-Teixeiro á Coruña, ida e volta


- Exemplo de Curtis-Teixeiro á Coruña
O prezo de ir desde Curtis a calquera parada do concello da Coruña, con cinco saltos definidos, será de 4,95 euros se se compra un billete sinxelo (que se paga en efectivo), pero de 3,13 euros utilizando a TMG até un número de 40 viaxes, mentres que se o número de viaxes é superior, o custo baixará até os 2,66 euros. Ademais, os usuarios poderán realizar coa tarxeta o transbordo gratuíto a outro autobús na área de destino, por exemplo, os buses urbanos da Coruña, sempre que o fagan nun tempo máximo de 90 minutos (hora e media).

- Regreso de A Coruña a Curtis-Teixeiro
Un usuario sobe coa tarxeta TMG ao autobús urbano cara á Estación de Autobuses da Coruña (0,85€ ) para alí coller un segundo cara ao seu lugar de orixe Curtis-Teixeiro (3,13€). Pero se ese segundo autobús o colle antes dos 90 minutos fixados para o transbordo sen penalización, se lle descontará dos 3,13€ os 0,85€ pagados polo autobús urbano.

Bonificacións

- Por recurrencia. Se o usuario realiza 41 ou máis viaxes interurbanas ao mes se lle aplicará unha bonificación automática do 15% sobre a cantidade consumida a mes vencido.

- Familias numerosas.
Os descontos oscilarán entre o 20 e o 50% en función da familia numerosa.

- Universitarios. Poderán acollerse a estas bonificacións os estudantes da Universidade da Coruña e Ferrol. Deberán tramitala os propios alumnos coas instancias universitarias.

Adquisición de tarxetas

As tarxetas do Transporte Metropolitano pódense adquirir por 2 euros nas oficinas de Abanca:

- Oficina de Curtis: Avenida Principal, 36
- Oficina de Teixeiro: Avenida Doutor Martínez Pardo, 55

Para comprar as TMG, que actuarán como moedeiro e que haberá que recargar ben nas oficinas do banco ou nos seus caixeiros automáticos, bastará con presentar o DNI xa que non necesita dunha conta asociada. Poderase recargar un mínimo de 5 euros e un máximo de 180 euros

Preguntas máis frecuentes

Consulta a web do Transporte Metropolitano da Xunta

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.